Saturday 20 de April de 2024

Política Social e Xuventude asiste ao 14º Congreso para a Mocidade “Lo que de verdad importa”


O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, salientou hoxe a importancia que a xente nova teña referentes que lles inspiren e axuden a superar os obstáculos aos que se teñan que enfrontar na vida. Así o dixo tras asistir á 14ª edición do Congreso para a mocidade Lo que de verdad importa, organizado pola Fundación María José Jove no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco).

Este ano participaron no encontro Arantxa Martínez, directora de It—willbe.org, organización que se dedica a introducir a eficiencia e a innovación no ámbito da cooperación; Ousman Umar, inmigrante de Ghana que hoxe en día ten dúas carreiras, un máster e fundou unha ONG premiada pola ONU; e o escritor e cineasta Albert Espinosa, autor do filme Pulseras Rojas. Estas persoas deron a coñecer ao auditorio as súas experiencias, que constitúen todo un exemplo de solidariedade, esperanza e superación.